O Concello da Pobra inicia os traballos da segunda fase da reforma integral do Camiño Real

16 Outubro 2020

O Concello da Pobra comezou esta semana os traballos da segunda fase de actuación do Camiño Real, deixándose para datas vindeiras a primeira das fases (ao ser dependente só do Concello da Pobra a través do remanente de 2018, mentres que o primeiro treito dos traballos enmárcase no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña e sairá proximamente a licitación). O alcalde Xosé Lois Piñeiro e a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, desprazáronse este venres ao lugar dos traballos.

A edil expuxo que a dita actuación consiste na roza e na limpeza, no corte e na fresadura do pavimento, firme de aglomerado en quente e implantación dun pequeno muro de contención de pedra granítica por cuestións de seguridade (de 82’72 metros cadrados e catro metros de altura no seu punto máis elevado). No total, esta fase engloba 4.800’89 metros cadrados. A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. e o importe ascende aos 69.797’20 euros (cunha rebaixa de 37.781’73 euros sobre o prezo de licitación), cun prazo de execución dun mes.

O rexedor fixo saber que, amais da reposición do pavimento, tamén se vai mellorar a recollida de pluviais e solicitarase a conexión ao saneamento daquelas vivendas dese tramo que aínda non o fixeron, o cal cualificou como “unha oportunidade importante porque lles sairá máis barato ao non se ter que pagar a reposición do firme”. Seguindo este fío, a empresa concesionaria do servizo percorrerá os domicilios do lugar para poñerse en contacto coa veciñanza.

O rexedor engadiu que en datas vindeiras procederase á mellora do cruceiro das Maricas, para o cal tentarase soterrar os cables que o rodean, ademais de deixar preparada a construción para, máis adiante, efectuar unha zona de protección do referido cruceiro. Así mesmo, o mandatario local anunciou que haberá unha terceira fase, para completar así a reforma total do Camiño Real.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...