O Concello da Pobra comparte co grupo parlamentario socialista a problemática dos vestiarios do peirao comercial

01 Outubro 2020

O alcalde Xosé Lois Piñeiro e a concelleira Patricia Lojo mantiveron na tarde deste mércores 30 unha reunión cunha representación do PSdeG-PSOE no Parlamento galego, integrada por Patricia Otero Rodríguez, voceira de Pesca; Julio Torrado Quintela, voceiro de Marisqueo; e Noa Díaz Varela, deputada autonómica pola provincia da Coruña. O motivo da xuntanza foi dar traslado ao grupo parlamentario socialista do estado no que se atopan os vestiarios do peirao comercial, que son empregados polas persoas traballadoras das consignatarias.

A estadía dos representantes do PSdG comezou no Consistorio, onde se detallou a situación das ditas instalacións, así como a reversión dos terreos, a cal se traduciu en que as pistas, o parque do Castelo e a praza Alcalde Segundo Durán sexan de titularidade municipal, mentres que onde se atopa a sede do club de remo, os Xardíns de Valle-Inclán, o CAD, o EEI Fernández Varela, o Centro Social e o edificio do Mercado Municipal están en solo de Portos de Galicia.

A continuación, desprazáronse ata os propios vestiarios para ver in situ as condicións nas que estas se atopan, acompañados dun traballador dunha das consignatarias, que se encargou persoalmente de explicar o día a día do colectivo usuario das instalacións. Tanto o rexedor como a edil expresaron o seu agradecemento pola visita dos parlamentarios e o seu interese en buscar unha solución ás demandas anteriormente referidas. O mandatario local fixo fincapé en que, ademais dos vestiarios, “temos varios problemas que tratar como ben quedou reflectido hoxe na reunión e iremos avanzando na solución”. Asemade, dixo que a cuestión dos vestiarios “é un problema coñecido na Pobra e que xa leva demasiado tempo afectando a cidadáns do noso concello e de fóra, que son os estibadores do porto e que teñen uns vestiarios que están nunhas condicións lamentables e nunhas condicións hixiénicas penosas”. Engadiu que saben da existencia dun proxecto para a construción duns novos, con dúas alternativas que, segundo expuxo, “levan demasiado sobre a mesa e hai que tomar unha resolución definitiva”, ademais de manifestar que entenden que “debe de haber unha achega máis importante por parte da entidade portuaria, que esas taxas non poden ser tan elevadas e que ten que darse ese servizo de maneira inmediata”.

En representación da delegación do PSdeG-PSOE, o voceiro de Marisqueo, Julio Torrado Quintela, sinalou que “o porto para A Pobra é un elemento fundamental, imprescindible para a economía, vida social e a vida desta poboación” e que a cuestión para tratar “ten tamén que ver coa dignidade dos traballadores, pois hai uns vestiarios indecentes, unhas instalacións que non son axeitadas, que non poderían ser aceptadas e que, hoxe en día, están sendo obrigadas por parte da Xunta de Galicia a que sexan utilizadas por traballadores cando non debera de ser así” ao tempo que indicou que a Administración autonómica “ten que facilitar o traballo que se desenvolve nas súas instalacións”.

Outros artigos

Eliminado un punto de vertido de augas residuais na Pobra

Augas de Galicia (Xunta) contribuíu a eliminar un punto de vertido de augas residuais de carácter municipal na parroquia de Santa María A Antiga, no concello da Pobra do Caramiñal. O persoal do Programa de Control de Vertidos constatou esta anomalía no transcurso dos...

+

Rosana Pérez reclama máis solo industrial na comarca do Barbanza

A deputada do BNG Rosana Pérez vén reclamar no Parlamento máis superficie industrial para O Barbanza, ao tempo que lembrou a “escaseza clamorosa” de solo empresarial en Barbanza Arousa, onde os catro parques empresariais existentes (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Folla seca”. Antón Luaces

“A Folla seca”. Antón Luaces

Aprendendo da vida (III) --------------------------------- Aquela prostitución existente na Galicia do derradeiro terzo do século XX non é máis ca unha lembranza ingrata. Os bares de alterne daquela época están pechados. Na actualidade, o que foi o seu exercicio ten...

“España no va como un cohete”. José Castro López

“España no va como un cohete”. José Castro López

La Comisión Europea eleva al 2,1 por cien el crecimiento del Producto Interior Bruto(PIB) en 2024, cuatro décimas por encima de pronósticos anteriores, prevé que Españacumplirá el objetivo del 3 por cien del déficit que exigen las reglas fiscales, espera quecontinúe...