O CEIP O Grupo de Ribeira incorpórase a Radio na Biblio

27 Outubro 2020
A shiny vocal mic stands on stage in the foreground while a dark mass of people are seated behind.

A Xunta incorporou 30 centros educativos de toda Galicia ao programa Radio na Biblio, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Educación para favorecer a posta en marcha de emisoras ou laboratorios radiofónicos da contorna das bibliotecas escolares. Coas novas adhesións, a cifra total de centros (de Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, PLAMBE) que participan na experiencia é de 109. Entre as adhesións acabadas de confirmarse atópase a do CEIP Plurilingüe O Grupo de Ribeira.

Os novos centros seleccionados recibirán 2.000 € de fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio (incluíndo un obradoiro de formación). Contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

Así mesmo, os centros que xa participaron en Radio na Biblio en cursos anteriores e renovan recibirán unha asignación de 500 € por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.