O BNG solicita no Parlamento o aumento das análises das augas do INTECMAR

01 Outubro 2020

O Bloque Nacionalista Galego vai solicitar ao Parlamento galego o aumento das análises das augas do INTECMAR, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia. Segundo fai saber o BNG, “as carencias nos estudos das augas feitos polo instituto provocan en moitos casos a necesidade de ratificar os datos facilitados a través de mostras propias por parte de confrarías e bateeiros”. Ao fío desta eiva, produtores, depuradores, exportadores e cocedeiros transmitiron aos nacionalistas as súas críticas polo traballo despregado pola Xunta, insistindo en que as “carencias agrávanse polo feito de non existir información facilitada polo INTECMAR nas fins de semana e festivos, situación” que, no caso de existir toxina nas augas, sinalan os produtores, “provoca que a perda xornadas de traballo” e “tirar miles de quilos de produto”.

O BNG lembra que o último exemplo disto aconteceu co peche dos bancos marisqueiros de Noia esta última fin de semana: “As mariscadoras e mariscadores terían retomado a súa actividade o luns se non se detectase o alto nivel de toxina na fin de semana por medio de análises realizadas pola propia confraría”. Os nacionalistas opinan que “non se entende como hoxe, cun centro de control mariño público, cun orzamento de máis de 3’6 millóns de euros, non se realicen analíticas durante as fins de semana ou festivos; non é normal que teñan que ser as propias confrarías quen, con fondos propios, teñan que realizar os seus propios estudos microbiolóxicos para garantir a salubridade dos seus produtos”

Por estes motivos o BNG levará ao Parlamento de Galiza unha solicitude para “instar ao Goberno galego a mellorar o funcionamento do INTECMAR e a facer analíticas tamén durante as fins de semana e días festivos, por mor de vixiar constantemente a salubridade dos produtos do mar e a fin de evitar situacións que repercutan negativamente nos produtores e nos consumidores”.

Outros artigos

Comezaron en Noia os traballos de mellora do firme na AC-543

A Xunta de Galicia iniciou na mañá deste luns 13 de xullo os traballos de mellora do firme na AC-543 tras a solicitude do Concello de Noia Durante a xornada, a Xunta de Galicia realizou traballos de mellora do firme en distintos puntos da AC-543 ao seu paso por Noia,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.