O BNG esixe á Xunta que garanta a vacina da gripe para todos os colectivos de risco

29 Outubro 2020

O BNG de Ribeira fíxose eco das reclamacións da deputada nacionalista Montse Prado acerca da vacina de gripe para todos os colectivos de risco e da necesidade de pór en marcha medidas que garantan o seu subministro a toda esta parte da poboación máis vulnerábel (como mínimo). A deputada criticou o que considera “unha falta de previsión por parte do Goberno galego”, e pediu un informe sobre a actual campaña de vacinación.

A deputada Montserrat Prado queixo reflectir a situación que están a vivir nas últimas datas os centros de saúde, logo de que, segundo explicou, fosen esgotadas as doses para as persoas que xa dispoñían de cita previa para ser vacinadas. A respecto desta reclamación, o BNG de Ribeira, a través do concelleiro Luís Pérez Barral, lembrou que o problema é aplicábel ao concello ribeirense e a unha chea de municipios da nosa xeografía e que a Xunta “actuou sen previsión, logo de facer un chamamento masivo á cidadanía para que se vacinara contra a gripe como medida preventiva no actual contexto COVID e poder así minimizar os contaxios e evitar o colapso do sistema sanitario”.

Ante o esgotamento da vacina, a deputada Montse Prado, considera “inaceptábel que se sume unha nova incerteza a un contexto como o actual e que no ámbito sanitario xa vén marcado por listas de espera para acceder á atención presencial ou dificultades para a atención telefónica”.

Neste sentido, a deputada nacionalista reclámalle ao Goberno galego un informe específico sobre a campaña de vacinación da gripe para coñecer as causas da situación, o número de doses das que se dispón, o cronograma real para a súa disposición e a previsión do número de persoas e colectivos aos que se lles vai poder subministrar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.