O alumnado de O Pote demostrou o seu talento nos fogóns na Lonxa de Ribeira

21 Outubro 2020
O responsábel do obradoiro, Patxi Movilla, nun intre da demostración

O alumnado do Obradoiro de Cociña O Pote, impulsado polo Concello de Ribeira, tivo este mércores 21 unha nova oportunidade para demostrar o seu talento gastronómico e culinario, potenciado ao longo de meses de aprendizaxe, no marco dunha exaltación gastronómica celebrada na Lonxa de Ribeira. O ano de pratos preparados foi amplo, variado e sorprendente, e incluíu contribucións tan rechamantes como hamburguesas de lirio, ameixas con coandro e lima, lombos de xurelo con costra de noz e olivas, tataki de cabala ou vasiños de polbo á galega…

A xornada contou coa participación dunha chea de representantes do tecido hostaleiro e produtivo do municipio e da comarca, que se encargaron de degustar os pratos elaborados polos quince estudantes do taller O Pote baixo a coordinación do seu profesor, Patxi Movilla. Así, estiveron presentes integrantes das empresas Casa Vilas, Luarada, Sursum Corda, Chicolino, Furancho, Xardín, Baiuca, Albariño, Benboa e Casa Hermo, así como de CONGALSA, Armadores de Aguiño, da propia Lonxa de Ribeira (que aportou os produtos do mar cociñados), e da adega Pazo do Mar, que contribuíu cos viños cos que se maridaron os pratos preparados.

Asemade, estivo implicado na iniciativa o selo autonómico PescadeRías, cuxa técnica Ana Pérez encargouse de explicar os puntos fortes dos produtos dos que se botou man durante o showcooking, en tanto que Jandro Ayaso, responsábel de comunicación da Lonxa, destacou a riqueza e calidade dos produtos que se comercializan na rula ribeirense.

Jandro Ayaso, responsábel de comunicación da Lonxa de Ribeira

Antes do inicio do evento deu a benvida a primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira, María Sampedro, quen agradeceu a presenza e colaboración de todos os asistentes e fixo saber que xa está en marcha o proceso selectivo para desenvolver un novo obradoiro de emprego de cociña “co que seguir incidindo na formación en materia gastronómica no noso municipio”. A actividade, dixo, denominarase O Pote 2 e contará cos participación de quince alumnos que realizarán a aprendizaxe na Escola de Hostalería situada no segundo andar do Mercado Municipal.

María Sampedro recordou tamén que aínda está aberto o prazo para que as empresas hostaleiras que o desexen poidan beneficiarse dos incentivos concedidos polo Concello para a contratación de alumnos ou alumnas do obradoiro O Pote.

Lembrou que segundo as bases preténdese financiar a contratación de ata quince estudantes por un período mínimo de tres meses, cunha subvención única por traballador de 1.500 euros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.