Nova vítima no CHUS por COVID. O Hospital suspende permisos e vacacións pola falta de enfermeiras

29 Outubro 2020

O SERGAS informa da morte esta tarde dunha muller de 81 anos no CHUS. O número de falecidos na área sanitaria Santiago-Barbanza ascende a 139. A paciente fora diagnosticada de infección por Coronavirus e tiña patoloxías previas. A situación da epidemia en Santiago segue sendo mala aínda que non tan pésima como a principios de semana .

Por outra banda o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) informou este xoves de que se viu obrigado de suspender temporalmente os permisos de persoal de enfermería, enfermería e auxiliares, para garantir a asistencia sanitaria aos pacientes. A decisión tomouse ante a imposibilidade de atopar persoal de substitución tanto nas listas de contratación propias como no INEM.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...