No CHUS falece un home de 87 anos infectado por covid-19. Suben os casos positivos

03 Outubro 2020

O SERGAS informa da morte esta tarde do sábado dun home de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O paciente tiña patoloxías previas.

Na área sanitaria Santiago-Barbanza hai 547 casos activos, oito máis que onte. En canto os hospitalizados baixan a 34, son seis menos que onte (33 Hospital Clínico de Santiago: 5 deles en Unidades de Críticos + 1 no Hospital La Rosaleda). Os pacientes curados ascenden a 3.244 e os PCR realizadas son 76.613.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.092, deles 848 son da área da Coruña, 503 da de Lugo, 891 da de Ourense, 722 da de Pontevedra, 460 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 121 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 3.863 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.714 persoas curadas, rexistrándose 752 falecementos co último falecido no CHUS. O número de PCR realizadas é de 499.201.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.