Na Pobra unha muller ferida ao ser arroiada por un bus

Unha muller resultou ferida tras ser arroiada por un autobús do transporte escolar cando cruzaba un paso de peóns situado á altura dá zona dá Baiuca. O suceso aconteceu sobre as tres dá tarde cando a muller saía do traballo e foi alcanzada polo autobus

O aparatoso incidente fixo que a muller sangrase pola cabeza e presentase unha forte dor nun custado, polo que foi atendida por persoal do PAC dá Pobra e posteriormente trasladada o Hospital comarcal. O lugar do suceso acudiron axentes dá Policía Local pobrense e dá Garda Civil, así como persoal de Protección Civil do municipio.