Na Pobra continúa a programación das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán cunha conferencia e teatro

22 Outubro 2020

A Pobra segue inmersa na programación da vixésimo segunda edición das Xornadas de Homenaxe a Valle- Inclán e para esta mesma fin de semana están programadas tres actividades.
Así, Xaquín del Valle-Inclán Alsina será o encargado de poñe-lo toque literario neste venres 23 coa conferencia La modernidad en el libro La Reina Castiza, ás 20.00 horas, no Elma. A seguir, ás 20.30 horas, Tatana Teatro subirá ás táboas para poñer en escena a adaptación en galego Farsa e licenza da Raíña Castiza. 20_20.
O apartado teatral terá continuidade no domingo 25, tamén no Elma, con Teatro del Norte, que interpretará Retablo. De Valle-Inclán a Lorca, ás 20.00 horas.

Cómpre lembrar que se seguirán as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deberán formaliza-la súa reserva a través do teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2014, en horario de 09.00 a 14.00 horas
Os demais actos que conforman o programa desenvolveranse a vindeira semana como colofón ás xornadas deste ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.