Na Pobra a ausencia de vento obriga a aprazar a etapa da regata Alca

18 Outubro 2020
Regata Alca

Unha quincena de barcos deuse cita na Pobra do Caramiñal para disputar a proba inaugural da 2º regata Alca.
Cos barcos na auga e a saída prevista para as 14:00 h, o Comité de Regatas viuse forzado a izar a bandeira de aprazamento pola falta de vento. Os barcos esperaron na auga por un vento previsto do suroeste que finalmente non chegou. Ás 16:30 h, o Comité de Regatas decidía suspender a proba.
A frota volverá reunir na Pobra o próximo día 31 de outubro, onde está prevista a posibilidade de realizar dúas probas no mesmo día, un percorrido ao vento e unha regata costeira.

Regata Alca Pobra

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.