Máis de 1.600 quilos de cría de mexillón intervidos en Porto do Son

16 Outubro 2020

A Garda Civil do Posto de Porto do Son en colaboración coa Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Noia, a Patrulla Fiscal e de Fronteiras ( PAFIF) de Noia e o vixiante da Confraría de Porto do Son, interveu 1.611 quilogramos de fazula na praia de Caveiro.

Os feitos ocorreron na madrugada deste venres tras alertar o vixiante desa confraría da presenza de catro individuos que supostamente extraían fazula, “actividade prohibida desde o mes de xuño”.

A Garda Civil estableceu un dispositivo e achou varios sacos de cría de mexillón cun peso de 1.611 quilogramos; foi interceptado tamén un remolque de dobre eixo, oito capazos de goma e dúas raspetas.

O incautado foi depositado na Confraría de Porto do Son e o remolque, os capazos e as raspetas nas dependencias do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.