Lousame reabrirá o ximnasio municipal a partir do mércores 7 de outubro

04 Outubro 2020

O Concello de Lousame reabrirá o vindeiro mércores 7 de outubro o
ximnasio municipal, emprazado no polideportivo Pilar Barreiro Senra e que permanecía pechado dende o pasado 13 de marzo. As instalacións volverán abrir as súas portas, en horario de 19:00 a 22:00 horas, e as persoas interesadas en facer uso das mesmas deberán solicitar día e hora na oficina de Deportes (981 825 780).
O concelleiro de Deportes, Jesús Martínez, explica que “todas as persoas que desexen facer uso do ximnasio municipal deberán cumprir cos requisitos recollidos no protocolo Covid-19, como levar máscara, desinfectar todo o material despois do seu uso e atender as distintas normas de obrigado cumprimento que lles explicarán os técnicos municipais”.
As persoas usuarias deberán contactar coa oficina municipal de Deportes para elixir entre bono anual de 11 meses (cunha cota de 60 euros) ou bono mensual (cunha cota de 6 euros), en ambos casos con dereito a 3 horas semanais. Unha vez recibidas todas as peticións, o Departamento de Deportes elaborará unha planificación co obxectivo de que haxa as menores coincidencias posibles de persoas nas instalacións.

Outros artigos

Amicos celebra o seu 25 aniversario cun emotivo encontro en Lousame

A Asociación Amicos celebrou este sábado o seu 25 aniversario cun emotivo acto no restaurante O Trapeiro de Lousame, que reuniu preto de 200 persoas entre usuari@s, familiares, profesionais, representantes institucionais e empresas colaboradoras. Un encontro marcado...

+

Amicos, 25 anos impulsando vidas no seu encontro anual de familias

Este sábado 8 AMICOS celebra o seu tradicional encontro familiar no que amais se cumplen 25 anos. A cita será en Lousame nun día cheo de emocións, lembranzas e alegría. A asociación Amicos celebra o seu 25º aniversario reafirmando o seu compromiso coa inclusión social...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.