Lousame acolle este domingo a comedia Running /em da compañía De Ste Xeito

25 Outubro 2020

O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 25 de outubro, ás 19.00 horas, a comedia teatral Running, da compañía De Ste Xeito, un espectáculo organizado polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña. A asistencia é totalmente de balde, se ben o aforo será moi limitado debido á aplicación dos protocolos preventivos fronte á COVID-19. Así, os veciños e veciñas que desexen asistir deberán reservar canto antes a súa entrada na Casa da Cultura (981 825 780).

Segundo lembra o Concello, Running é unha comedia escrita e dirixida por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Stephy Laryora e Sergio Macías. É unha obra de dous actores sobre un escenario que “levan” sobre os seus ombreiros vinte personaxes que porán en escena unha divertida parodia da vida actual, coas súas eternas presas, teléfonos móbiles, obrigas familiares, persoais e laborais… para reflexionar sobre a cabida que ten o amor nesta vertixinosa vida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.