Levantado o peche cautelar na ría de Muros-Noia

27 Outubro 2020

O Intecmar levantou o peche cautelar decretado o domingo e que obrigou a interrompela campaña marisqueira por segunda vez nun mes como consecuencia da marea vermella na ría de Muros-Noia.

O peche afectou tanto ós bancos marisqueiros como ós polígonos de bateas. A decisión fora comunicada ao pósito ao detectarse un incremento da concentración de toxina amnésica tanto no mexillón, como en berberecho e navalla, polo que se establece o peche das zonas I, II e III, o que comprende a totalidade da ría de Muros-Noia. Isto supuxo que os ao redor de 1.500 produtores que participan na campaña marisqueira da confraría noiesa non puderon saír a faenar este luns.

Menos sorte tiveron os bateeiros que desde fai máis dunha semana non poden traballar pola marea vermella.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.