“Inoportuno e innecesario”. Antón Luaces

21 Outubro 2020

Coido que a maioría dos cidadáns españois están solprendidos polo empeño dos deputados e senadores deste país de se incrementar os seus salarios ao abeiro dos Orzamentos das Cortes Xerais. Que isto aconteza nun momento coma o presente, en que milleiros de persoas están afectadas polo paro ou a aplicación de ERTE derivados maioritariamente da crítica situación económica de España e a pandemia da COVID-19, resulta incomprensible. Cando menos.

Ao final, haberá que agradecer a PP e VOX que, polo menos ata o vindeiro ano, as cousas continúen igual no que atinxe ós salarios das Súas Señorías.E sería así porque e Mesa do Senado decidiu  conxelar as retribucións dos senadores cando a Mesa do Congreso xa decidira subir o soldo dos deputados no ano 2021. Certo é que tal incremento estaba previsto nos Orzamentos da Cámara aprobados este martes. Pero un mínimo recoñecemento de como os españois sobrelevamos a situación do país derivada -entre outras cousas- da pandemia de coronavirus, tería que facer cavilar ós partidos (PSOE, PODEMOS, PP e VOX) e amosar un mínimo de respecto e apoio ós millóns de cidadáns españois que. cando non están a pasar fame, moi perto delo sí están. Nas contas do vindeiro ano contemplábase unha suba dos salarios do persoal de ambas as institucións (Congreso e Senado) do 0,9%, incremento que asimesmo sería de aplicación nos dos deputados.
Os votos favorables para tal aprobación saíron das bancadas do PSOE, PODEMOS e PP. E o voto en contra, de VOX, partido este que, xunto co PP, amosáranse contrarios inicialmente a tal incremento para senadores e deputados para, finalmente, sumárense  á suba salarial para o persoal da Cámara. Nunha segunda reunión debatiuse sobre a necesidade de que as dúas institucións camerais adoptaran consensuadamente un acordo e de aquí saíu a aprobación dos Orzamentos das Cortes Xerais polo que as catro formacións políticas con representación nesas Cortes aprobaron por unanimidade manter conxelado o salario dos deputados para o ano 2021.
Oportuno?. Necesario?. Tal vez os partidos políticos representados nas Cortes Xerais ignoran a situación dos seus concidadáns ou é que non lles importa?. 
VOX levou ó seu terreo ao PP. Mais PODEMOS e PSOE semellan non darse por enterados de que a suba salarial para os seus senadores e deputados non é o que máis precisan os españois, que reclaman prudencia, solidariedade e vergoña.
 Como explicarán ós milleiros de parados que novamente acoden as oficinas de emprego na percura de traballo ou axuda social que eles, deputados e senadores, aproben per se incrementos salariais cando as colas de homes e mulleres de toda caste diante das sedes de institucións como bancos de alimentos, Cáritas, Cruz Vermella, etc., se ven incrementadas no día a día por todos aqueles que nen siquera teñen que lles dar de comer aos fillos?.
Un pouco de “lacha” (diría a señora Carmen) diante de cousas coma esta, señoras e señores deputados e senadores dunha España que, para min, non os merece.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...