Falece un home de 88 anos infectado por covid-19 no CHUS

05 Outubro 2020

O Sergas informa a última hora da tarde da morte dun home de 88 anos infectado por covid-19. Estaba ingresado no CHUS e tiña patoloxías previas. A Área Sanitaria Santiago de Compostela e Barbanza rexidtra este luns 528 casos activos, dous menos que onte. Hai 34 hospitalizados, tres mais que onte que están no Hospital Clínico de Santiago (7 deles en Unidades de Críticos). Os pacientes curados suben a 3.321 e os PCR realizadas 78.894.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.101, deles 820 son da área da Coruña, 495 da de Lugo, 1.037 da de Ourense, 685 da de Pontevedra, 419 da área de Vigo, 528 da de Santiago, e 117 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 204 en unidades de hospitalización e 3.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.170 persoas curadas, rexistrándose 765 falecementos. O número de PCR realizadas é de 511.007.

Outros artigos

Rosana Pérez reclama máis solo industrial na comarca do Barbanza

A deputada do BNG Rosana Pérez vén reclamar no Parlamento máis superficie industrial para O Barbanza, ao tempo que lembrou a “escaseza clamorosa” de solo empresarial en Barbanza Arousa, onde os catro parques empresariais existentes (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo)...

+

AMBAR abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con sede e actividade na nosa comarca, xa ten abertas as inscricións da 10ª edición da súa Carreira pola Diversidade. Celebrarase o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Trátase dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión