A área sanitaria de Santiago-Barbanza informa da morte de 3 persoas. Galicia rexistra un total de 7.535 casos por coronavirus

28 Outubro 2020

ULTIMA HORA: A área sanitaria de Santiago-Barbanza informa da morte de 3 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase dunha muller de 92 anos que estaba ingresada no CHUS, e dous homes de 86 e 78 anos, que tamén estaban ingresados no Hospital Clínico Universitario de Santiago. Todos eles presentaban patoloxías previas. Suben a 138 os falecidos na área sanitaria.

Os positivos confirmados por Covid-19 nas últimas 24 horas en Galicia subiron 682, na área de Santiago e Barbanza 86. Actualmente hai 59 hospitalizados, once ingresados en UCIs.

En canto ós concellos Muros presenta o maior número de casos e está en nivel 1 (máis de 21 casos nos últimos sete días), no nivel 2 están Boiro e Noia con entre 14 e 21 casos, Ribeira, O Son, Outes e Carnota están en nivel 1 con entre 7 e 14 casos. A Pobra, Rianxo e Lousame están en nivel 0 con menos de 7 casos

Así se reflicte nos datos actualizados pola Consellería de Sanidade nas que se constata que esta segunda onda rexistra as cifras máis elevadas de contaxios da pandemia en Galicia en canto a positivos confirmados por PCR en 24 horas. En concreto, este martes detectáronse 525 positivos confirmados por PCR.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...