Galicia rexistra un total de 5.101 casos activos por COVID-19 e supera os 400 casos diarios

19 Outubro 2020

Galicia pecha outra xornada cuns niveis equivalentes ao mes de abril pasado, en pleno confinamento da primeira onda do Covid-19. Os últimos datos da Consellería de Sanidade pechados o domingo ás 18 horas, mostran 417 novos positivos en 24 horas e un incremento dos casos activos, positivos menos altas e falecidos, de 169.

Na área sanitaria de Santiago-Barbanza rexistranse 762 casos activos, 39 hospitalizados dos cales 8 están en UCI. Hai 124 falecidose apareceron 75 positivos en probas de PCR en 24 horas. Na comarca o 53,4 % dos infectados son mulleres e 46,6 homes. Na comarca Ribeira, Boiro e Muros están en nivel 1 por casos confirmados nos úlrimos 7 días.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.101, deles 852 son da área da Coruña, 483 da de Lugo, 1.516 da de Ourense, 475 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 762 da de Santiago, e 222 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 266 en unidades de hospitalización e 4.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.578 persoas curadas, rexistrándose 822 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 592.162. Ata agora curáronse en Galicia 23.578 persoas, o que supón 252 máis que as contabilizadas ata este domingo e faleceron con Covid-19 na Comunidade galega 822 persoas. Este domingo pola tarde foron notificadas as mortes dun home e tres mulleres diagnosticadas, estas últimas usuarias da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. A cifra histórica de contaxiados ascende a 29.501.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...