Galicia rexistra 7.930 casos activos por Covid-19. 15 alumnos positivos na comarca

29 Outubro 2020

As cifras do coronavirus hoxe en Galicia son preocupantes, especialmente a aceleración de novos contaxios en Vigo, A Coruña e Santiago.

Os positivos confirmados por Covid-19 en Santiago- Barbanza chegan a 1.251. Actualmente hai 62 hospitalizados, tres mais que onte, tamén aumentaron os ingresados en UCIs a 13, dous mais que onte. Os falecidos na área sanitaria suben a 138.

No que se refire a colexios o CPI Cernadas de Castro de Lousame detectou un novo positivo entre o seu alumnado, polo que xa son tres os casos que están activos. Segundo a Consellería de Sanidade actualmente hai 15 contaxiados en dez colexios e institutos de Barbanza. Así, aos tres citados hai que engadir dous nos IES A Cachada de Boiro, Campo de San Alberto de Noia e Félix Muriel de Rianxo. Continúa activo o caso dun alumno do CEIP de Cespón, do Ramón de Artaza e do Ricardo Tubío de Muros, do centro de secundaria de Porto do Son, e do CPR Plurilingüe Bayón e do instituto Leliadoura de Ribeira.

En canto ós concellos Muros presenta o maior número de casos e está en nivel 1 (máis de 21 casos nos últimos sete días), no nivel 2 está Boiro con entre 14 e 21 casos; Noia, Ribeira, Rianxo e O Son están en nivel 1 con entre 7 e 14 casos. Outes, Lousame e A Pobra, están en nivel 0 con menos de 7 casos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.930, deles 1.358 son da área da Coruña, 782 da de Lugo, 1.407 da de Ourense, 838 da de Pontevedra, 1.624 da área de Vigo, 1.251 da de Santiago, e 670 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 67 están en UCI, 414 en unidades de hospitalización e 7.449 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.270 persoas curadas, rexistrándose 889 falecementos. O número de PCR realizadas é de 663.251. 

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.