Galicia rexistra 11 falecidos pola Covid19 este martes, a maior cifra en máis de cinco meses

13 Outubro 2020


A Sanidade galega notificou a morte de 11 persoas con coronavirus en Galicia, o que supón a maior cifra de falecementos nunha mesma xornada desde o pasado 26 de abril, cando Sanidade informou de 15 falecidos. Con iso, a cifra de mortos pola pandemia ascende xa a 797 persoas.

Na nosa área sanitaria morreu un home de 82 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e outro de 62 que recibía atención no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

En concreto, ademais das mortes de catro persoas relacionadas con residencias de maiores da provincia de Ourense das que a Xunta informou na mañá deste martes, ao longo da xornada notificáronse outros sete falecementos –tres tamén relacionados con residencias– de persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.

En concreto, dous dos falecidos permanecían ingresados no Hospital de Verín, un deles de 76 anos e procedente da residencia Val de Monterrei, e outro de 88 anos.

Tamén se notificou este martes a morte doutros dous homes ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO), un de 70 anos e outro de 96, este último procedente da residencia Vos Gozos de Pereiro de Aguiar.

Por último, as autoridades sanitarias tamén informaron este martes doutra morte, neste caso rexistrada na Residencia de Val de Monterrei, onde perdeu a vida un home de 89 anos. Todo os falecidos presentaban patoloxías previas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...