Oito falecidos elevan a 868 as víctimas da pandemia en Galicia. Habilitado o CEGADI en Santiago para acoller a infectados

25 Outubro 2020

A área sanitaria de Santiago-Barbanza rexistra 1.089 casos activos, 71 hospitalizados dos cales 9 están en coidados intensivos e 132 falecidos, o último un veciño de Porto do Son de 87 anos que tiña patoloxías previas o que eleva a 28 os mortos da comarca.

O aumento de casos fixo que a xerencia da área sanitaria de Santiago-Barbanza realizase tarefas de instalación de gases medicinais para poder acoller na residencia Integrada CEGADI, Centro Galego de Desenvolvemento Integral en Salgueiriños, aos residentes en centros de Maiores infectados con Covid-19 que o precisen. Ten unha capacidade de ata 60 prazas.

Xa están no centro de Salgueiriños os sete primeiros residentes, proceden dunha residencia en Boqueixón e están prácticamente asintomáticos. Personal sanitario da área compostelá atenderá a estos doentes xunto ao persoal do centro, dependente da Conselleria de Política Social

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.431, deles 1.122 son da área da Coruña, 651 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 639 da de Pontevedra, 1.186 da área de Vigo, 1.089 da de Santiago, e 445 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 371 en unidades de hospitalización e 6.011 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 25.315 persoas curadas, rexistrándose 868 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 633.494.

Outros artigos

Rosana Pérez reclama máis solo industrial na comarca do Barbanza

A deputada do BNG Rosana Pérez vén reclamar no Parlamento máis superficie industrial para O Barbanza, ao tempo que lembrou a “escaseza clamorosa” de solo empresarial en Barbanza Arousa, onde os catro parques empresariais existentes (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo)...

+

AMBAR abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con sede e actividade na nosa comarca, xa ten abertas as inscricións da 10ª edición da súa Carreira pola Diversidade. Celebrarase o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Trátase dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión