Galicia chega a 803 mortes pola COVID-19 tras o falecemento de seis persoas

14 Outubro 2020

Galicia superou na xornada deste mércores os 800 falecidos con covid-19 coa notificación de seis novas mortes que sitúan o cómputo total de vítimas desde o inicio da pandemia en 803.

Segundo os datos da Consellería de Sanidade, catro dos falecementos notificados están relacionados residencias. En concreto, un home de 94 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO) procedía da Residencia Vos Gozos de Pereiro de Aguiar.

Sanidade notificou a morte dunha muller de 87 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); e doutra señora de 79 anos que faleceu no seu domicilio da área sanitaria de Vigo.

Así mesmo, perderon a vida dous usuarios de residencias ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Trátase dunha muller de 53 anos que procedía do centro Pai Menni de Betanzos e dun home de 78 anos usuario da Ballesol de Oleiros.

Pola súa banda, na residencia de maiores de Val de Monterrei rexistrouse a morte dunha muller de 88 anos. Os seis falecidos rexistrados polas autoridades sanitarias galegas este mércores presentaban patoloxías previas.

Outros artigos

A Deputación brinda o seu apoio á integración socio-laboral de Ambar

A Deputación da Coruña, a través das liñas de axudas dedicadas a entidades sociais da provincia, colabora coa asociación inclusiva Ambar, con sede principal en Ribeira, en distintos programas de integración social e laboral para persoas con diversidade funcional da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as persoasocupadas (traballadoras) en 2024 superaron os vinte e un millóns, unha cifra que sepensaba inalcanzable, pero que aí está, para darlle lustre á acción dos responsables de crearemprego....

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

IN MEMORIAM. JESÚS PÉREZ VARELA (Redondela, 19 de abril de 1949-Santiago de Compostela, 16 de enero de 2025) Por esas raras cosas contingentes de la vida, caprichosas, inexplicables, también por su enfermedad y aislamiento escogido, nos hemos privado durante años de...