A borrasca “Alex” seguirá afectando a Galicia e así continuaremos baixo a influencia dunha depresión centrada no Cantábrico oriental. Con esta situación o sábado teremos intervalos anubrados, con chuvascos intermitentes.

Xa cara a noite do sábado a chegada dunha fronte polo noroeste fará que os ceos presenten abundantes nubes e chuvias localmente fortes. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente oeste moderados, con intervalos fortes no litoral norte.
A xornada do domingo traerá chuvascos, localmente treboentos. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, manténdose as máximas sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente oeste, fortes no litoral e zonas altas, moderados no resto.