Este sábado inaugúrase no Museo de Artes a mostra do XI Premio Atlante de Gravado. Segue en directo o acto a partir das 13 horas

09 Outubro 2020

Museo de Artes do Gravado vai acoller este sábado a inauguración da mostra do undécimo Premio Atlante de Gravado, que impulsa a fundación do dito espazo cultural e expositivo emprazado na parroquia de Artes, en Ribeira. A cita será o sábado 10 ás 13.00 horas, na sala de exposicións número 0 do Museo do Gravado. Contarase coa presenza do presidente da entidade e alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, o vicepresidente Javier Expósito Paradela, e o director do Museo, Pastor Rodríguez. Na inauguración da mostra tamén se vai proceder a entregar os galardóns do devandito certame de gravado.

A colección poderá visitarse do 10 de outubro ao 15 de decembro de 2020 no espazo museístico de Artes. Debido ás restricións de aforo motivados pola COVID-19, as persoas interesadas en acudir deben formalizar a súa asistencia en fundartes@gmail.com ou no teléfono 981 871 342 antes do 09/10/2020

ACTA FALLO X PREMIO INTERNACIONAL DE GRAVADO ATLANTE 

Reunido na sede da Fundación o xurado do XI Premio Atlante de Gravado, organizado polo Museo do Gravado á Estampa Dixital (Concello de Ribeira), formado por Alfonso Costa Beiro, Manuel Ayaso Dios, Carmen Hermo Sánchez, Isabel Pintado Palacio, Juan Monterroso Montero, José Manuel López Vázquez e José Daniel Buján Núñez, acordaron por unanimidade conceder os seguientes premios: 

Premio D. Ramiro Carregal (5.000 €) – DESERTO 

Premios Atlante (2.500 €, 2.500 €, 2.500 €) 

Marco Poma País: Italia Título obra: SOLO Técnica: Mezzotinta, augatinta e punta seca en prancha de cobre 

GermáAparicio País: España Título obra: S/T Técnica: Augaforte 

Carmen Isasi País: España  Título obra: Deshabitado Técnica: Fotopolímero e chiné collé 

Premio Galicia. Pedras de Santiago (2.000 €) – DESERTO 

ACTA FALLO X PREMIO INTERNACIONAL DE GRAVADO ATLANTE

Finalistas — Mencións de Honra

Mirta Gendin País: Arxentina Título obra: Nature Técnica: Impresión dixital, calcográfica de 2 matrices de fotogravado 

Marcin Bialas País: Polonia Título obra: Campground 2 Técnica: Augaforte en prancha de zinc 

Seleccionáronse un total de 40 gravados que se expoñerán nunha das salas do museo cos premiados e os finalistas e que terá a súa apertura o 10 de outubro de 2020. Para que así conste, aos efectos oportunos, asínase no Museo do Gravado á Estampa Dixital ás 12:35 horas do 1 de agosto de 2020

Outros artigos

Incendiados catro colectores en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse afectados catro colectores que quedaron completamente calcinados. As lapas danaron tamén, en menor medida,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión