Alcalde de Ribeira e representantes de cinco organizacións de carácter social que operan no municipio rubricaron esta mañá no Salón de Plenos do Concello os convenios de colaboración polos que a administración
local subvenciona diversos programas de axuda e inclusión social
promovidos por estes colectivos no municipio ribeirense.

As cinco entidades foron Ámbar, Amicos, Renacer, A Creba e Faiben e o importe total das axudas ascende a 15.000 euros. Os representantes das asociacións agradeceron o Concello o esforzo realizado nesta ocasión, e tamén puxeron de relevo as dificultades as que fixeron fronte durante a pandemia.
O Alcalde puxo de manifesto o importante labor que as diferentes entidades veñen a realizar no ámbito da exclusión social e mellora da calidade de vida das persoas vulnerables remarcando tamén a necesidade de seguir colaborando sobre todo nos tempos actuais de COVID-19.
