Curso de formación especializado dirixido ás redeiras artesás galegas

20 Outubro 2020

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Fundación Artesanía de Galicia, e en colaboración coa Consellería do Mar, organiza un curso de formación especializado dirixido ás redeiras artesás galegas, no marco do proxecto Enredadas, no que ambos os dous departamentos colaboran dende o ano 2012.
Xestión básica da actividade comercial. Análise de produción e prezos de venda está deseñado co obxectivo de servir de ferramenta para que as redeiras poidan desenvolver precisamente esa parte da súa actividade que está enfocada noutros ámbitos como a moda, os complementos ou a decoración. O prazo de inscrición está aberto na páxina web da Fundación.
O curso terá lugar do 26 de outubro ao 25 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00 horas, e estará impartido polos consultores Pablo López, Tania Aira e Adriana Hermida, da empresa Implicatum.
Ao longo desta actividade trataranse temas como a marca persoal e o márketing para redeiras, a xestión de redes sociais e o marketing dixital, xestión de compras, os provedores, a xestión da calidade, estratexias de distribucións e canles de venda, as políticas comerciais ou a estratexia de prezos, a xestión financeira e o deseño dun plan de acción.

O proxecto Enredadas constitúe un exemplo de diversificación do oficio tradicional das redeiras en Galicia, que está abrindo novas oportunidades de negocio para estas artesás a través doutros ámbitos. Este é o segundo dos tres cursos de formación para redeiras incluídos no proxecto para este ano 2020. O primeiro deles, Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ao sector da moda e complementos, comeza en Buño esta fin de semana e está programado xa o curso Iniciación á aplicación das técnicas das redeiras ao
sector da decoración, entre os meses de novembro e decembro.
Nesta última parte do ano, a Fundación Artesanía de Galicia está a introducir a modalidade online na súa proposta formativa, ademais de potenciar os contidos relacionados coa presenza dixital e a difusión e a comercialización online, co obxectivo de apoiar o sector artesán galego na apertura de novas vías para achegar o seu produto aos clientes e afianzar
as súas marcas. Este mes de outubro estase a celebrar o curso Formación estratéxica para a nova artesanía, centrado na xestión empresarial, e comezou tamén a actividade formativa Márketing dixital e xestión de redes sociais, que rematará o 5 de novembro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...