CONGALSA fai unha demostración gastronómica co alumnado do Obradoiro Emprego O Pote

28 Outubro 2020

O espazo de traballo do Obradoiro de Emprego O Pote impulsado polo Concello de Ribeira acolleu na mañá deste 28 de outubro unha clase maxistral gastronómica impartida por profesionais do departamento de Investigación, Desenvolvemento, Innovación e Marketing da empresa de alimentación CONGALSA, referente galego e estatal no ámbito dos produtos do mar. Os profesionais da firma da Pobra mostraron ao alumnado do obradoiro como debe realizarse correctamente o proceso de cociñado e presentación de produtos.

A marca escollida para realizar a exhibición foi Ibercook Food Service, destinada ao canal Horeca, unha das máis emblemáticas da empresa de produtos precociñados con sede na Pobra do Caramiñal.

A actividade, programada polo Obradoiro de Emprego O Pote, pretende dar resposta á necesidade de conectar a formación co mundo laboral.

CONGALSA, cunha facturación superior aos 83 millóns de euros, mobilizou en 2019 máis de 24´5 millóns de toneladas de produtos das súas diferentes gamas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.