CONGALSA doará 2.000 quilos de alimentos ao Banco de Alimentos da Coruña

06 Outubro 2020

CONGALSA, a referencial empresa de alimentación emprazada na Pobra do Caramiñal, deu este outono un novo e importante paso na súa vertente solidaria. En concreto, anunciou que doará dous palets de produtos de seu, que inclúen 2.000 quilos de empanadillas, ao Banco de Alimentos da Coruña, entidade coa que xa ten colaborado a empresa de produtos e conxelados do mar. “Quixemos atender novamente á chamada desta entidade social”, sinalan fontes de CONGALSA, destacando o traballo do Banco de Alimentos cos colectivos que se atopan en situación de vulnerabilidade trala pandemia.

Tal e como salienta a directora de Relacións Externas da compañía, Isabel Cañas, “con esta iniciativa solidaria, contribuiremos a que o Banco de Alimentos da Coruña poida seguir realizando o seu encomiable labor a prol das persoas máis necesitadas”.

A acción enmárcase dentro da política de Responsabilidade Social Corporativa da compañía, que apoia a máis dun centenar de entidades sociais, culturais e deportivas, principalmente situadas na comarca do Barbanza, para favorecer que poidan desenvolver as súas actividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.