“China o país coa maior frota pesqueira do mundo”. Antón Luaces

27 Outubro 2020


“Desde 1950, o home extraeu dos mares máis de 6.000 millóns de toneladas de peixe e outros animais invertebrados”. É o dato arrepiante que baralla WWF no informe “Planeta vivo” cuxa conclusión é que “O futuro dos océanos pasa pola pesca de crianza”.

O que imaxino sisudo traballo para nada parece ter en conta que é o que incide máis que notablemente nesa presumible sobrepesca: a pesca ilegal e quen a practica que non é outra, neste momento polo seu notabilísima presenza nos mares africanos e centro e suramericanos, que a chinesa. Unha frota que, ademais de esquilmar a pesca, busca ansiosamente petróleo, minerais e, obviamente, peixe, este último despois de esgotar os seus propios caladoiros. Son os obxectivos prioritarios da frota chinesa. E, especificamente, a lura xigante ou o bacallau en augas de Arxentina, o atún nas de Chile, a quenlla nas de Colombia e Ecuador, ou a totoaba nas de México. Ante semellante cadro de persoal, ben pode dicirse que os pesqueiros chineses teñen moito onde elixir, aínda que hai que dicir que son máis de 2.500 os barcos que compoñen a frota que China desprega todo o ano en augas afastadas e que llos han de disputar.

A chinesa é a maior frota pesqueira do mundo. E estímase que son entre 200 e 300 os barcos chineses que, desde hai anos, pescan nas proximidades da Zona Económica Exclusiva ( ZEE) das Illas Galápagos (unha das zonas mariñas máis protexidas en todo o planeta Terra). Esa cifra evidencia que é polo menos un 10% desa frota a que captura recursos preto das costas ecuatorianas, co consecuente dano ambiental.

Investigadores hondureños cren que a presenza da frota chinesa en augas de Ecuador débese a que o país asiático esgotou os recursos dos seus mares e os seus barcos desprázanse cada vez máis lonxe para pescar en augas de África e fronte ás costas de países latinos do Pacífico. Trátase dunha frota que utiliza barcos que se poden permitir longas estancias naquelas zonas, nas que procesan o peixe capturado no mesmo lugar.

Pesqueiros chinos nas Galápagos

China captura 25 millóns de toneladas anuais de peixes, segundo as memorias máis optimistas dos investigadores. É, con moito, a nación que máis pesca do mundo. En Senegal, por exemplo, os chineses capturan máis peces nunha semana que o total de pesqueiros senegaleses nun ano. Son datos do diario New York Times.

As axudas gobernamentais permiten a mobilidade desa frota asiática. Segundo un estudo de Greenpeace, algunhas empresas se lucran significativamente con estas subvencións que representan unha parte importante dos seus ingresos. Descoñécese baixo que ordenamento pesqueiro está a pescar a súa frota en augas doutros países, pero non é a primeira vez que barcos chineses son apresados en plena reserva mariña con especies protexidas estibadas nas súas adegas. A súa especie máis desexada é a lura, que comparte augas co atún, peixe espada e outros pelágicos maiores.

Tal vez investigando a fondo as capturas realizadas por esa frota de máis de 2.800 barcos con base en China, puidese darse unha mínima aproximación ao por que de sobrepescas que non se explican con só as cifras de pesca que comunican os demais países, ademais da pesca ilegal que ninguén declara e, menos, os pesqueiros chineses en caladoiros afastados.

Outros artigos

Desde este 6 de xaneiro, a nécora entra en veda en Galicia

A partir deste 6 de xaneiro, a captura de nécora quedará prohibida nas augas galegas, dando inicio á veda anual desta especie. Durante este período, que se prolongará ata o próximo 3 de xullo, a pesca de nécora estará completamente restrinxida co obxectivo de garantir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasear ou traballar”. Xulio Xiz

“Pasear ou traballar”. Xulio Xiz

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular. A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi...