Centros escolares de doce localidades, entre elas Rianxo participa nos 20 anos de Correlingua

31 Outubro 2020

Correlingua cumpre 20 anos nunha situación excepcional pero máis decidida que nunca a ser unha festa da lingua e en facer participar as rapazas e rapazas dos centros escolares do país nunha celebración a favor do galego que non pode deterse. Correlingua pecha a paréntese aberta pola pandemia e volve aos centros escolares para reclamar unha vida en galego e o dereito ao uso da lingua propia.

Nesta edición, Correlingua terá presenza física en 12 centros escolares de outras tantas localidades galegas e contará coa participación de 9 artistas en 16 actuacións. As actividades de Correlingua comezarán o 5 de novembro en Narón e prolongaranse ao longo de todo o mes de novembro. Na pasada primavera, a celebración estendida da lingua viuse obrigada a adiar as súas actividades por causa da pandemia que, a día de hoxe, segue afectando á normalidade da vida en Galicia.

Na presentación da vixésima edición desta actividade, que se celebra baixo o lema, Vinte coa lingua!, participaron María Ortega, deputada do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Patrimonio Material e Memoria Histórica, Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos;Alberto Oubiña; concelleiro de Xuventude, Normalización Lingüística e Coordinación do rural en Pontevedra; Anxo Terán, presidente da Asociación Cultural Correlingua; Marcos Maceira, presidente d’A Mesa pola Normalización Lingüística; Xacobe Rodríguez, secretario comarcal CIG-Ensino (Pontevedra).

Tal como se puxo de manifesto na presentación aos medios desta nova edición de Correlingua, as excepcionais circunstancias que concorren neste ano 2020 obrigan adaptarse a elas e polo tanto, as celebracións realizaranse de maneira controlada nos distintos centros que este ano acollen o Correlingua e engádese a transmisión dixital destas actividades para que todos os centros que o queiran poidan asistir virtualmente a elas. Deste xeito, Correlingua segue a celebrar coa rapazada dos centros o dereito a vivir en galego e a reivindicar o dereito a vivir nela. Segundo sinalou o presidente de Correlingua, Anxo Terán, a edición deste ano “non podía pararse”. Terán sinalou que por máis difícil que estea sendo a pandemia non se podía parar, “menos neste noso novo vixésimo aniversario. Xuntamos nestas últimas edicións profesorado que hai anos participaba como alumnado; imos medrando e por iso estamos ledas decelebrarmos os vinte anos, un ano especial para un Correlingua diferente”. Terán tamén adicou esta edición a alumnas e alumnos, ao profesorado, as institucións que nos levan apoiando todos estes anos”.

No mesmo sentido, a deputada provincial, María Ortega, sinalou a excepcionalidade do momento que se vive e a necesidade de que nestas circunstancias se siga traballando na defensa e no uso da lingua. Para o concelleiro de Pontevedra, Alberto Oubiña, a lingua “non é só para as celebracións e por iso é importante manter a actividade arredor dela e promover o seu uso diario”. 

Así mesmo, Maceiras non quixo deixar pasar a oportunidade de subliñar que a día de hoxe aínda hai limitacións dos contidos en galego para a rapazada e a mocidade, cunha programación da TVG limitada, motivo polo que a Mesa puxo en marcha a campaña para ter unha canle do Xabarín para axente moza, dobraxes en galego e outras melloras no audiovisual e acultura. O Correlingua, denominación que desde 2001 adoptan as diversas carreiras a prol do idioma que se celebran por toda Galiza, cumpre 20 anos, efeméride que conmemora co lema Vinte coa lingua, despois do exitoso O galego é a fórmula empregado en 2019.

Organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino, trátase dunha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que nestes 20 anos de traxectoria acumulou diferentes recoñecementos, entre os que destaca o Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña, polo seu «destacado compromiso coa lingua, capacidade de introducir o galego desde a infancia entre as máis cativas e cativos e por manter ese uso vivo a medida que medran a través de múltiples actividades».

Esas actividades teñen como obxectivos «propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións a prol dela», «sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua», «asociar o uso do idioma a actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades» e «contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo».

Cada ano son máis de 20.000 nenos e nenas, mozas e mozos, os que participan nas actividades desenvolvidas arredor da celebración do Correlingua e mesmo hai casos de persoas que tendo participado nun Correlingua como alumnos xa tiveron a oportunidade participar como Mestres. Neste sentido, hai quen considera que o mesmo que no seu día houbo unha xeración Xabarín, agora podemos falar xa dunha Xeración Correlingua.

Localidades Correlingua

  • Rianxo
  • Narón. Pazo da Cultura | de novembro 20
  • Lugo. IES Nosa señora dos ollos grandes | de novembro 20
  • O Rosal (CPI Manuel Suárez Marquier) | 12 de novembro 20
  • Pontevedra (CEIP de Xeve) | 18 de novembro 20
  • Moaña. Centro sociocultural Daniel Castelao (Quintela) | 19 de novembro 20
  • A Mariña. Xove. CEIP Caselles Rollán | 20 de novembro 20
  • Ourense. IES As Lagoas | 27 de novembro 20
  • Vigo (IES Ricardo Mella) | 
  • A Coruña. CEIP. Alborada.
  • A Estrada
  • Zas. CPI de Zas

  • Artistas participantes
  • Luís Caruncho
  • Cuarta Xusta
  • AldaoLado
  • Isabel Risco
  • Cé Orquestra Pantasma
  • A Gramola Gominola
  • Paco Nogueiras
  • Monoulius
  • Biribirlocke

    Artistas participantes
  • Luís Caruncho
  • Cuarta Xusta
  • AldaoLado
  • Isabel Risco
  • Cé Orquestra Pantasma
  • A Gramola Gominola
  • Paco Nogueiras
  • Monoulius
  • Biribirlocke

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...