Centros educativos da Pobra acollerán actividades divulgativas sobre a píllara

05 Outubro 2020

Os centros educativos da Pobra do Caramiñal van acoller esta tempada actividades divulgativas sobre a píllara, o medio natural no que vive (os nosos areais e dunas, principalmente) e a necesidade de protexer e coidar este medio. As actividades abéiranse ao Proxecto de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) nas praias da península do Barbanza, que ten continuidade este ano. Foi desenvolvido en 2019 por parte de SEO/BirdLife co financiamento da Deputación da Coruña.

O Concello da Pobra do Caramiñal xa participara neste proxecto no pasado exercicio a través de senllas charlas divulgativas nos CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra, así como dun coloquio para o público en xeral.

Enfocado no ámbito da educación e do coñecemento, este ano proseguirase coa divulgación que fai SEO/BirdLife nos centros de ensino, polo cal no martes 6 terán lugar diversas actividades.

Cómpre sinalar que a píllara das dunas está en retroceso poboacional no ámbito español e galego, onde conta con menos de 90 parellas reprodutoras e, na comarca do Barbanza, atópase ao redor do 30/40% da poboación galega. Pódense atopar máis datos e actividades relacionadas con esta e outras especies nun dos blogs de SEO vencellados á nosa costa.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.