Boiro, Muros e O Son seguen en alerta COVID e Ribeira a abandona

11 Outubro 2020

Segundo informa o SERGAS o Concello de Ribeira abandonou o nivel de alerta dúas, no que figuraba hai uns días o rexistrarse 14 contaxios nunha semana. Deste xeito o concello ribeirense pasa con Rianxo a nivel cero despois de reducirse a menos de sete a cantidade de positivos.

No mapa do Sergas continuan no primeiro nivel de alerta, os concellos de Boiro, Muros e Porto do Son, dado que en todos eles se contabilizan entre 7 e 14 contaxios na última semana.
Nas últimas 24 horas detectáronse 36 novos positivos. A maioría dos infectados están a tratamento nos seus domicilios. A cifra de ingresados continúa estable desde o sábado con 25 persoas ingresadas no Clínico de Santiago. Seis pacientes continúan en estado grave e permanecen na UCI. En canto ás PCR levadas a cabo na área sanitaria de Santiago-Barbanza desde que comezou a crise sanitaria, ascenden xa a 85.351. En canto ás altas na última xornada foron un total de 22 os pacientes. O total de curados elévase a 3.527.

Fonte SERGAS

Outros artigos

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda. Video

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda, desde o Museo de Pontevedra O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a gravación da mesnaxe de Fin de Ano de 2025. Museo Provincial (Pontevedra), 27/12/25. Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta...

+

Amicos despide 2025 coas pre-badaladas no Centro Integral de Boiro

A Asociación Amicos celebrou este mércores 31 de decembro as tradicionais prebadaladas de fin de ano no Centro Integral Amicos de Boiro, nunha xornada festiva na que participaron máis de 40 persoas beneficiarias da entidade. O encontro contou coa presenza da directora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.