Boiro limita a 30 quilómetros por hora o centro urbano do municipio

19 Outubro 2020

O Concello de Boiro, a través da area de mobilidade, traballa para mellorar circulación no municipio. Durante estes días estase realizando a dinalización das vías municipais do núcleo urbano, no que a velocidade máxima permitida se reduce do 50 aos 30 quilómetros por hora.

“A finalidade desta limitación é dar prioridade aos peatóns no núcleo urbano, mellorando a circulación e a seguridade dos viandantes”, afirma o alcalde. Os operarios de sinalización viaria comezaron xa a pintar as sinais nas rúas transversais para despois facelo nas mais amplas e de mais lonxitude.

O Regulamento Xeral de Circulación recolle os limites xenéricos de velocidade das vías urbanas, sendo este de 20 km/ hora para vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa; de 30 km/ hora para vías dun único carril por sentido de circulación; e de 50km/ hora para vías de dous ou mais carrís por sentido de circulación.

O Concello de Boiro traballa para mellorar a mobilidade e a seguridade no municipio. A Ordenanza de Circulación aprobada de xeito inicial polo pleno da corporación no mes de setembro, recolle diversas medidas para favorecer a mobilidade no municipio, como son a regulación das zonas peonís, a determinación de zona azul gratuíta ou as reservas de espazo público.  

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.