Baixan en Santiago-Barbanza os positivos e aumentan a 459 os ingresados pola COVID-19 en Galicia, deles 58 en UCI

27 Outubro 2020

Detectado un positivo no Instituto de Porto do Son e aumentan os positivos
nos institutos Campo de San Alberto de Noia e Félix Muriel con dous casos contabilizados. Tamén en Muros aparecen positivos nos colexios Ricardo Tobío e Ramón de Artaza.

Nos demáis centros da comarca mantense un caso activo no CEIP de Cespón, dous no IES A Cachada de Boiro, outros dous no colexio Cernadas de Castro de Lousame, un no Santa Irene de Porto do Son, outro no Bayón e outro máis no Leliadoura de Ribeira.

En Galicia as persoas con Covid-19 ingresadas en hospitais da comunidade soben en 15 casos e sitúanse en 459, deles 58 están en UCI , tres máis que onte.

Os datos facilitados pola Consellería de Sanidade constatan un aumento de 12 pacientes en unidades de hospitalización convencionais ata os 401.

Na área sanitaria Santiago- Barbanza os pacientes con Covid-19 ingresados baixan a 73, dez menos que este luns, dos que 10 permanecen en unidade de críticos –un menos–. Ata a data curáronse 4.197 persoas e realizaronse 102.993 PCR.

En canto ós concellos Muros presenta o maior número de casos e está en nivel 1 (máis de 21 casos nos últimos sete días), no nivel 2 están Boiro e Noia con entre 14 e 21 casos, Ribeira, O Son, Outes e Carnota están en nivel 1 con entre 7 e 14 casos. A Pobra, Rioanxo e Lousame están en nivel 0 con menso de 7 casos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

Hai que ser realista e non queda outra, ben a intervención e a regulación para poder garantir o dereito real a unha vivenda digna. As axudas do ICO ou o bono ao alugueiro non solucionan o problema da vivenda en España. Hai que intervir, como se fixo, no seu momento,...

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

Hoy 15 de octubre, se celebra el Día Mundial de Concienciación sobre la Muerte Gestacional, Perinatal y Neonatal. El concepto de muerte gestacional abarca todas laspérdidas de hijos/as producidas durante el embarazo, y el concepto perinatal y neonatalaquellas...