As contornas dos colexios de Boiro xa teñen sinais verticais de limitación de velocidade a 30

02 Outubro 2020

O Concello de Boiro, a través da área de Mobilidade, puxo o punto de mira na seguridade viaria nas contornas de todos os centros de ensino do termo municipal, poñendo en marcha iniciativas para eliminar todo tipo de riscos. Estas materializáronse na colocación estes días, por parte dos operarios municipais, de sinais verticais de límite de velocidade a trinta quilómetros por hora nas zonas escolares. Esta medida é froito do diálogo que a Concellería de Educación mantén cos equipos directivos dos centros de educativos e coas asociacións de nais e pais para atender ás súas solicitudes e demandas de mellora.

O Goberno local explica que o primeiro que se realizou foi un estudo das zonas de acceso e contornas dos centros de ensino de Infantil, Primaria e Secundaria para detectar os puntos máis conflitivos e intensificar a sinalización. Os operarios municipais encargados da sinalización viaria están a colocar os sinais verticais de limitación de 30 por zona escolar na contorna de todos os centos educativos do municipio.

A área de Mobilidade informou de que seguirá a traballar para mellorar a seguridade cidadá no termo municipal, reforzando a sinalización e facendo melloras e aumentando a seguridade en materia de circulación.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.