Arrinca o roteiro de tapas Barbanza-Arousa 2020 con Take Away, eventos e viños

29 Outubro 2020

Esta fin de semana é o inicio do Roteiro de Tapas Barbanza Arousa 2020, levada a cabo en momentos de restricións que afectan na economía da hostalería. Conscientes desta situación e pensando en achegar o maior apoio posible, incluíuse como novidade a Tapa para Levar en caixas con deseño unificado do destino Barbanza Arousa.
Por iso, este ano pódese consumir a tapa nos propios establecementos ou pedila para levar, realizando as votacións mediante un código QR ou a través da páxina web barbanzarousa.gal.
A presentación levouse a cabo no restaurante O meu Manda Picone, gañador do Roteiro de Tapas de 2019 no concello da Pobra do Caramiñal, municipio no que se iniciará esta fin de semana o roteiro. Así mesmo, facendo unha chiscadela aos establecementos gañadores dos catro municipios da edición do pasado ano, estes albergarán unha actuación cada un durante o próximos catro venres ás 19:00 horas, marcando o inicio do roteiro en cada concello, que se estenderá durante toda a fin de semana.
Así, cada fin de semana poderanse degustar as tapas de cada un dos concellos de Barbanza Arousa maridadas cos viños da IGP Barbanza e Iria, de gran calidade, do mesmo xeito que todos os produtos grastronómicos do destino.

O inicio será na Pobra do Caramiñal mañá venres cunha maridaxe musical e a actuación de Vos Taninos, con Pepe Solla, Juan Figueroa, Nico Pastoriza e Eladio Santos. A próxima fin de semana será en Ribeira, continuando o seguinte en Boiro e finalizando en Rianxo.
Participan neste proxecto máis de 40 establecementos, incrementándose o seu número en relación cos do ano pasado, algo que se valora e agradécese desde a Mancomunidade, por “ese empuxe da hostalería do destino, a pesar destes tempos tan difíciles para todo o sector”. Así mesmo, Manuel Ruiz, presidente deste organismo e alcalde de Ribeira, manifesta tamén que se seguirá traballando en apoio ao sector desde a mancomunidade con diferentes iniciativas nas que se posicións como destino de primeira orde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...