Aberta a inscrición para participar no curso de poda e plantación ecolóxica do Concello de Boiro

28 Outubro 2020

O Concello de Boiro está a organizar unha actividade formativa sobre poda ecolóxica que, segundo indica o Goberno local, xa ten aberto o prazo de inscrición. Trátase do curso Froiteiras: plantación e coidado en ecolóxico, previsto para os meses de novembro e febreiro na finca de Goiáns, os luns alternos en horario de 17.00 a 21.00 horas. A data de inicio do curso é o 16 de novembro.

O alumnado participante vai aprender técnicas de poda e enxerto de froiteiras, orientadas cara a esta época do ano na que as árbores comezan a perder a folla. As clases prácticas vanse celebrar nun espazo acondicionado da finca do Pazo de Goiáns, nun espazo habilitado como horto para estas actividades. Os clases serán os días 16 e 30 de novembro, o 14 de decembro, os días 11 e 25 de xaneiro e os días 8 e 22 de febreiro.

O prezo da matrícula é de 50 euros, que se aboará unha vez se formalice a matrícula. A presinscrición está aberta ata o día 6 de novembro e as persoas interesadas teñen que facelo cubrindo o formulario que teñen á súa disposición na web municipal ou na portería da Casa Consistorial. Toda a información sobre o curso disposición das persoas interesadas no teléfono 981 84 48 00 ext. 5909 ou no enderezo electrónico correo@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...