ABAS e o Concello da Pobra convocan o terceiro Concurso de Relatos Breves Historias de Mulleres

17 Outubro 2020

A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS) e o Concello da Pobra do Caramiñal convocaron a terceira edición do Concurso de Relatos Breves Historias de Mulleres, un certame dirixido a visualizar reivindicar narracións en clave feminina a través do talento creativo das nosas autoras e autores. O dito certame está dirixido a persoas a partir dos 12 anos de idade e o prazo de presentación remata no día 12 de novembro de 2020.

Estabelécense para o citado concurso catro categorías: unha adolescente, dirixida a persoas de entre 12 e 16 anos de idade; outra xuvenil, para persoas de 16 a 30 anos de idade; a categoría adulta, para persoas de máis de 30 anos e a categoría diversa, dirixida a persoas con discapacidade de máis de 16 anos e convidadas dende a organización (terase en conta a idade no último día do prazo de presentación).

Segundo se especifica nas bases, os traballos deberán ser en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 1.000 palabras e cunha temática que trate sobre a violencia en todas as súas expresións exercida sobre as mulleres, a igualdade ou as liberdades e diversidades sexuais.

Os traballos deberán ser enviados á Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS), ao enderezo electrónico coordinador.abas.asoc@gmail.com Nun documento, en formato PDF, enviarase o citado traballo, que virá asinado cun pseudónimo ou alcume (deste xeito garántese que o xurado descoñeza a autoría); noutro documento, en formato PDF ou Word, achegarase o nome do traballo, nome e apelidos, documento de identificación, data de nacemento, enderezo electrónico, enderezo postal e teléfono.

O xurado estará formado por catro persoas con coñecementos en materia de xénero e literatura.

Os premios serán os seguintes:

– Categoría diversa: 1º premio, un vale de 90€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e 2º premio de 60€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié.

– Categoría adulta: 1º premio, un vale por valor de 150€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié.

-Categoría xuvenil: 1º premio, un vale por valor de 150€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié.

-Categoría adolescente: 1º premio, un vale de 80€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié; 2º premio de 40€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.