A Xunta contará cun teléfono para casos de ocupación de vivendas

03 Outubro 2020

A Xunta de Galicia habilitará un teléfono de atención ao cidadán para facilitar información e asesoramento legal aos propietarios que se vexan afectados pola ocupación das súas vivendas. Así a anunciou esta mañá a
conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen explicou que o seu departamento xa contactou co Consello da Avogacía Galega co fin de establecer un protocolo de colaboración que garanta aos cidadáns unha atención personalizada e con todas as garantías en casos deste tipo.
Antes de participar nunha reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia, un organismo dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para favorecer o intercambio de información e propostas neste eido, Vázquez Mejuto asegurou que a Xunta está moi preocupada polo fenómeno da ocupación ilegal e como se ten agudizado na Comunidade galega neste comezo de ano.
Por iso, a responsable autonómica insistiu na necesidade de buscar “unha solución rápida, eficaz e duradeira” para o problema, garantindo unha “maior seguridade xurídica” para os propietarios e acabando “con esa sensación de impunidade” que teñen as persoas que usurpan unha vivenda allea.
Neste sentido, indicou que a Xunta, e concretamente o seu departamento, leva meses reclamando do Estado unha intervención decidida ao respecto, tendo en conta que é o Goberno central a administración competente para poder impulsar as reformas e novidades lexislativas necesarias para endurecer as penas e axilizar os procedementos de desaloxo.
De feito, lembrou que a mediados de setembro dirixiuse por carta ao delegado do Goberno en Galicia para pedirlle unha reunión na que abordar conxuntamente o problema das ocupacións ilegais, un encontro xa confirmado pola súa parte pero pendente aínda de data.
En todo caso, e tras insistir en que as competencias autonómicas nesta materia “son moi limitadas”, a conselleira avanzou que a Xunta traballa na actualidade co fin de impulsar dúas medidas que poderían contribuír e resultar de utilidade de cara á resolución do problema.

Así, ademais da posta en marcha dun teléfono de información xurídica ao cidadán, Vázquez Mejuto anunciou que hoxe tamén propoñerá ante o Observatorio a realización dun Mapa de vivendas ocupadas en Galicia, un traballo que será elaborado en colaboración cos Axentes da Propiedade inmobiliaria e Administradores de Fincas xa que, asegurou, eles teñen “datos reais e de primeira man” sobre estes supostos.
O obxectivo do futuro mapa será obter datos reais sobre o problema da ocupación na Comunidade galega, para o cal tamén se completará a información achegada polos axentes e administradores –un colectivo profesional que, precisamente, se incorporaba hoxe ao pleno do Observatorio da Vivenda de Galicia como novo membro- con datos procedentes do Ministerio do Interior e proporcionados pola Delegación do Goberno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...