A ribeirense Mª Pilar Pérez gañadora da tarxeta dos Días Azuis do Comercio Galego

28 Outubro 2020

A ribeirense Mª Pilar Pérez Fernández foi a gañadora da tarxeta dos días azuis dentro da campaña a campaña “Días Azuis do Comercio Galego” unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia. A gañadora fixo a súa compra no establecemento Bazar de Oujo que reparteu o premio.

A ribeirense Mª Pilar Pérez Fernández recibe a tarxeta prepago

A campaña tivo lugar entre o 14 e o 30 de Setembro de 2020 e nela poideron participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que mercaron nesas datas. Entre eles sorteáronse 16.200 euros en premios, distribuidos en 28 tarxetas prepago regalo de 300 euros (7 por provincia) e 52 tarxetas de 150 euros (13 por provincia), que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2021. O sorteo realizouse ante notario o 7 de Outubro de 2020.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A grandeza dos líderes”. Luís Celeiro

“A grandeza dos líderes”. Luís Celeiro

Ruxía el e ruxíanlle os dentes. Estaba acovardado por aquel ruído e aquel tremor do seu corpoenteiro, dende a cabeza ata a mesma punta dos pés. Ao parecer o tremor era máis intenso na súaparte dereita, na perna dereita, no brazo e no ombreiro da dereita, na orella...

“Basta!” – Manuel Domínguez

“Basta!” – Manuel Domínguez

¡Basta ya! Ribeira no puede ser una cárcel donde habite el miedo. Miedo a salir de noche, miedo a que te asalten el establecimiento, miedo a que los coches en garaje, sean asaltados. Ribeira una cárcel sin rejas ni muros, donde los ciudadanos son prisioneros de 4...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.