A Pobra organiza un obradoiro de autoestima para mulleres

01 Outubro 2020

A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal organiza un obradoiro de autoestima para mulleres, o cal se desenvolverá nos venres do mes de outubro (9, 16, 23 e 30), en horario de 18.00 a 20.00 horas, na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal.
O taller será impartido pola psicóloga Paula Tubío e as participantes traballarán a construción individual da autoestima segundo as vivencias propias, pero tamén ao redor das experiencias compartidas polo feito de seren mulleres. Así, traballarase sobre unha nova maneira de coñecerse, aceptarse e obter recursos para afrontar situacións que paralizan, ademais de potenciar habilidades.
Trátase dunha actividade de balde e as prazas son limitadas, polo cal as persoas interesadas deberán realiza-la súa inscrición a través do teléfono de contacto646009471, ben sexa chamando ou enviando un whatsapp.
A acción está cofinanciada pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Unión
Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.