A Marea Cidadá de Noia promoverá un aumento orzamentario para as asociación pro saúde mental

23 Outubro 2020

A Marea Cidadá de Noia buscará que, alén de aumentar as partidas orzamentarias para A Creba e A Misela, se establezan mecanismos conxuntos para impulsar a integración laboral.
A pandemia da COVID-19 tivo un enorme impacto na vida de todas e de todos, pero moi sinaladamente nas persoas que padecen enfermidades de tipo mental.
Por este motivo, dende a Marea Cidadá de Noia proporáse ao resto de grupos da corporación municipal o aumento da dotación orzamentaria para a asociación pro-saúde mental A Misela en 3.000 euros, así como tamén se proprá un aumento da partida orzamentaria destinada á asociación A Creba.
Dende a Marea Cidadá de Noia entendemos que, ademáis, cómpre iniciar canto antes reunións con ambas as dúas asociacións para establecer mecanismos que permitan a inserción laboral das persoas usuarias de ambas as dúas asociacións mediante contratos menores co Concello de Noia.
Dende a Marea Cidadá enténdese que é fundamental, en medio dunha pandemia como a que estamos a vivir, que as institución públicas fagan un esforzo aínda maior por coidar dos veciños e veciñas con máis necesidades, promovendo deste xeito a súa integración e inserción na vida pública ca maior normalidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...