A ludoteca do Son acolle un obradoiro de contos sobre igualdade

15 Outubro 2020

Porto do Son vai acoller este mes, os días 17, 24 e 31 de outubro, un obradoiro creativo de contos sobre igualdade e co-educación, dirixido a impulsar xeitos de xogar e de adquirir coñecemento libre de todo tipo de estereotipos e prexuízos. A actividade, organizada ao abeiro do programa Conto Contigo, celebrarase na ludoteca sonense en horario de 10.00 a 14.00 horas. As inscricións xa se poden facer na aula de xogos a través do teléfono 981 767 589. Trátase dun obradoiro especialmente indicado para nenas e nenos de entre 9 e 12 anos.

O Concello lembra que para garantir as máximas medidas de seguridade achegaranse prazas limitadas. A actividade vén da man da axencia AGADER (Medio Rural da Xunta), a Asociación Deloa e do Goberno local de Porto do Son.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...