A COVID segue crecendo na área sanitaria Santiago-Barbanza. Muros entra en nivel 3

26 Outubro 2020

O coronavirus ségue crecendo na comarca e así en Muros, segundo comunica Sanidade, detectáronse máis de 21 positivos nos últimos sete días o que fai que este concello pase a nivel 3 o máximo.

No nivel 2 continúan Noia e Boiro, onde a cifra de contaxios durante a última semana foi de entre 14 e 21; mentres que Outes, Carnota, Porto do Son e Ribeira están en nivel 1. Na comarca so A Pobra, Rianxo, Lousame e Dodro presentan o nivel máis baixo de incidencia do virus.

No que á totalidade do área sanitaria Santiago-Barbanza refírese, a cifra de contaxios ségue subindo, na última xornad rexistráronse 83 positivos novos, o que eleva a 1.122 a cifra de casos activos e a 5.397 o número de afectados desde o inicio da pandemia.

Hai 72 enfermos que nestes momentos requiren estar hospitalizados e 11 deles atópanse na unidade de coidados intensivos do Clínico. Coas 51 altas que se produciron durante as últimas horas, o total sitúase en 4.144. 

En canto á capital Santiago e a súa zona metropolitana, rexistraronse sete positivos entre os 635 veciños de Milladoiro e O Ensanche de Santiago que acudieron a los cribados. Só o 21,9% dos 1.357 citados en Milladoiro e o 42,5% dos convocados do Ensanche participaron na proba. Na parroquia amiense apareceron dous casos e na compostelana cinco.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.