A conselleira do Mar participou nun treito da andaina solidaria de CONGALSA

09 Outubro 2020

Ao abeiro da súa marcada vertente solidaria, a empresa pobrense CONGALSA impulsou este ano, malia os condicionantes da COVID, unha nova edición da súa andaina solidaria pola comarca, unha iniciativa deportiva, lúdica e de responsabilidade social corporativa que a empresa de produtos de mar desenvolve cada pouco na compaña dos seus traballadores, reivindicando paisaxe e solidariedade. Este ano a andaina veu marcada pola viraxe ao dixital, co fin de convocar ao máximo cantidade de voluntarias e voluntarios ao tempo que se garante a máxima seguridade sanitaria. De xeito complementario, parte do equipo da empresa comprometeuse a poñer as botas de camiñar e botarse ao monte. Fixérono na compaña da conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen apoiou a andaina solidaria realizando un treito do percorrido. Canda ela participaron membros do equipo directivo de CONGALSA.

A conselleira e o seu equipo realizaron o traxecto comprendido entre o Monte do Gozo, en Santiago, e o edificio administrativo de San Caetano.

A iniciativa, que se está a desenvolver de maneira graduada, evita deste xeito a concentración de persoas no mesmo punto nun contexto como o actual, “marcado pola incidencia da COVID-19”, informou CONGALSA, lembrando que se ben estaba previsto inicialmente que a andaina rematase o 15 de outubro, decidiuse estender a iniciativa até o 31 de outubro “debido ao gran volume de participantes”. De feito, até a data máis de 250 persoas xa se inscribiron e están a implicarse na mesma.

Quinta edición

Trátase da quinta edición desta iniciativa benéfica que busca recadar fondos para destinar, a través de ONG locais, ás familias máis necesitadas do Barbanza (especialmente ás máis afectadas pola pandemia).

Os interesados en participar deben inscribirse a través do sitio web galitiming.com. Nas catro edicións anteriores, a cota de inscrición era 1 quilogramos de alimentos, pero nesta convocatoria para poder cumprir cos protocolos Covid, fixouse unha cota solidaria de tres euros.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...