A campaña estatal Pescados y mariscos de España reivindicará o berberecho de Noia

27 Outubro 2020

A semana pasada formalizouse a adhesión oficial do produto Berberecho de Noia na campaña Pescados y mariscos de España, unha iniciativa estatal posta en marcha pola Federación Nacional de Pescadores que reivindica e pon en valor as especies costeiras fóra e dentro das fronteiras do mercado español. “Trátase”, en palabras da federación, “de incentivar o coñecemento e o consumo das especies máis representativas capturadas polos pescadores de costeira e litoral de todo o ámbito estatal”. Neste catálogo excelente de produtos figura oficialmente, por dereito propio, o berberecho da ría de Noia.

No acto estiveron presentes, Santiago Cruz, patrón maior da Confraría de San Bartolomé de Noia, os patróns maiores de Muros e Ribeira e o presidente da Federación Española de Confrarías.

O acto de reivindicación do berberecho local foi presidido pola concelleira de Comercio Laura Salgado García e o alcalde Santiago Freire, quen salientou positivamente a iniciativa e “o magnífico labor desenvolvido pola Confraría de Noia e os mariscadores e mariscadoras que realizan esta importante actividade económica para a nosa localidade”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.