Sanidade realizará cribados nas residencias universitarias galegas e lembra o límite de grupos de 10 persoas. Falece unha muller no CHUS pola COVID-19

14 Outubro 2020

Falece unha muller de 87 anos que estaba ingresada no CHUS, estaba infectada por coronavirus e presentaba patoloxías previas.

A área sanitaria de Santiago e Barbanza realiza entre hoxe e mañá un cribado diagnóstico a preto de 1.000 estudiantes da USC nos colexios maiores e residencias de estudiantes con maior número de residentes en Santiago.

Esta decisión foi tomada na reunión do Comité Clinico de onte para actuar dun xeito precoz fronte á trasmisión de casos entre estudiantes.
Trala recollida do censo e a organización dos equipos,
trasladáronse 3 equipos de enfermería aos primeiros centros para realizar a toma de mostras para as PCR’s. O screening continuará mañá xoves.

Así mesmo, Sanidade avanzou que está traballar na elaboración dun novo protocolo de cara ao vindeiro Día de defuntos.

O secretario xeral do Sergas, Alberto Fuentes, enumerou algunhas das limitacións establecidas onte polo Comité clínico sobre a limitación a grupos de até 10 persoas en toda Galicia, o que repercute en academias e centros con outras actividades de formación non regrada, a animación nos hoteis, bibliotecas e arquivos, actividades en ximnasios ou centros semellantes, actividades turísticas e de tempo libre e locais de xogo e apostas, entre outros.

Todas estas medidas, publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia, e entrarán en vigor dende as 00:00 horas desta medianoite.

Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Flores, puxo o foco en que nestes intres, está garantida a capacidade asistencial nos centros sanitarios galegos, lembrando que é preciso adoptar estas medidas coa anticipación suficiente, para poder garantir o servizo sanitario en todas as áreas.

No transcurso da rolda de prensa, na que tamén participaron os membros do Comité clínico, Sergio Vázquez e Tato Vázquez Lima, reiterouse a necesidade de cumprir a totalidade das medidas hixiénico-sanitarias establecidas, apelando á responsabilidade individual á hora de celebrar xuntanzas, solicitando a colaboración do conxunto de universitarios e universitarias galegas neste particular.

Outros artigos

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda. Video

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda, desde o Museo de Pontevedra O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a gravación da mesnaxe de Fin de Ano de 2025. Museo Provincial (Pontevedra), 27/12/25. Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta...

+

Amicos despide 2025 coas pre-badaladas no Centro Integral de Boiro

A Asociación Amicos celebrou este mércores 31 de decembro as tradicionais prebadaladas de fin de ano no Centro Integral Amicos de Boiro, nunha xornada festiva na que participaron máis de 40 persoas beneficiarias da entidade. O encontro contou coa presenza da directora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.