A Policia local de Rianxo realiza controis a camións e buses e denuncia a un conductor con carné retirado e positivo en drogas

15 Outubro 2020

A Policía Local de Rianxo está a participar ata o domingo 18 nunha
Campaña especial de vixilancia e control de camións e autobuses,
impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico, polo que están
facendo controis por todo o termo municipal, os cales se
complementan tamén coas labores de control e vixilancia nas
estradas en materia sanitaria fronte ao Covid19.

Dispositivo control Policia Local Rianxo

Dentro desta campaña xa se detectou un vehículo con irregularidades na súa documentación polo que foi denunciado administrativamente.
O pasado día 9 de outubro, dentro das actuacións preventivas e de seguridade cidadá, identificouse ó condutor dun vehículo que circulaba polo lugar de Rianxiño (Rianxo), o cal se comprobou que tiña unha perda de vixencia do seu permiso de conducir, polo que foi investigado por un delito contra a seguridade do tráfico.
Ademais na proba de drogas que se lle realizou deu resultado positivo, polo que tamén foi denunciado administrativamente.
No día de onte 14 de outubro, tivemos coñecemento de que na rúa Agro do Monte deambulaba un can ceibo e con síntomas de abandono. Das actuacións e xestións practicadas púidose comprobar que tiña microchip identificativo, rexistrado a nome dunha persoa que reside noutra localidade, que ó parecer o utiliza o animal para actividades relacionadas coa caza. Por estos feitos realizouse proposta de sanción por infracción á Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.