SumaRibeira súmase ás mobilizacións a prol dunha volta ao colexio segura

15 Setembro 2020

A agrupación SumaRibeira informou hoxe do seu apoio ás concentracións mobilizadas para esixir á Consellería de Educación que se dote aos centros de ensino dos recursos necesarios para garantir aulas seguras fronte á COVID-19. En palabras da plataforma cidadá que coordina Xurxo Ferrón, a Xunta debe “garantir que se ofreza una educación de calidade coas máximas garantías fronte á pandemia, e equipar os centros co profesorado e co persoal non docente necesarios para asegurar a correcta atención ao alumnado, mantendo as distancias de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias”.

Asemade, súmase ás reivindicacións para requirir un reforzamento dos equipos de limpeza e se garanta a desinfección dos centros educativos, para que se asegure a educación en igualdade de condicións en caso de ter que recorrer a modelos de educación a distancia (teleformación para todas e todos) e para que sexa a Administración quen asuma as responsabilidades que lle corresponden sen trasladalas aos equipos directivos.

Asemade, a agrupación insta ao Concello de Ribeira a que convoque, “á maior brevidade posíbel”, o Consello Escolar Municipal para “que colabore e coordine a toma de decisións para garantir a seguridade de todas as comunidades escolares do termo municipal”. Por todos estes motivos, SumaRibeira convida á cidadanía a participar na concentración que terá lugar mañá mércores, día 17 de setembro, ás 19:00 h na praza do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.